Os partidos galegos acordan a suspensión das eleccións do 5A

Cedida.

Tal e como era de esperar, tras a evolución da pandemia nas últimas horas, as eleccións galegas convocadas para o 5 de abril quedan aprazadas pola crise do coronavirus. É a decisión na que coincidiron todos os participantes do encontro convocado para este luns pola Presidencia da Xunta, a través de videoconferencia, entre os líderes dos principais partidos políticos. O presidente e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, vén de confirmar que a decisión que sae do encontro con Gonzalo Caballero (PSdeG), Ana Pontón (BNG), Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) e Beatriz Pino (Ciudadanos) é o adiamento dos comicios ata que remita a epidemia e sexa levantado o estado de alarma en España.