- A autora, Soraya Lema, explicaralle aos máis pequenos a historia destes monumentos
O Concello de Vimianzo conmemorará a ‘Semana da biblioteca’ con Soraya Lema e unha historia sobre os Penedos de Pasarela. A vimiancesa explicaralles, de xeito lúdico, a historia deste enclave único ás crianzas das unitarias de Carnés, Carantoña e Castromil, así como ás nenas e nenos que cursan Infantil e Primaria no CEIP San Vicenzo. Esta iniciativa comezará hoxe, 20 de outubro, e estenderase durante 2 días debido á limitación de aforo pola Covid-19.
‘Pedriña na montaña’ é un relato onde, a través dun conflito do seu avó, unha nena fuxe cara á montaña e iniciará unha aprendizaxe completa coa cultura e o patrimonio de Vimianzo como trasfondo.
Lema di estar ‘moi contenta pola rapazada e pola aposta cultural e teatral’ no municipio.