Os peóns, protagonistas dos traballos de humanización da rúa Igrexa en Malpica

Rúa Igrexa_Concello de Malpica

  • O proxecto, que conta cun orzamento de 85.459,72 euros, inclúe a renovación da calzada e a instalación dunha nova rede de saneamento

O Concello de Malpica iniciou os traballos de humanización da rúa Igrexa, cos que se lle outorgará protagonismo aos peóns fronte ao tráfico rodado neste espazo que dá acceso á igrexa parroquial de San Xulián. O proxecto conta cun orzamento de 85.459,72 euros.

A intervención inclúe a retirada do mobiliario existente; a substitución do pavimento actual por unha calzada de pedra de granito e formigón; e a instalación dunha nova rede separativa de saneamento e abastecemento de auga.

Deste xeito, o Concello de Malpica dálle continuidade ao labor de humanización do centro urbano da vila, dentro dun plan integral que pretende eliminar o exceso de tránsito de vehículos na contorna desta rúa onde agora se intervén, buscando con isto “unha Malpica máis amable co medio ambiente e máis segura”, salientan desde o goberno local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha