De todos é sabido que nas escolas infantís de Carballo ofrecen un programa educativo excelente, un profesorado cualificado, unhas instalacións moi ben equipadas e un horario amplo e flexible. A maioría están especializadas na educación infantil e ofrecen un servizo educativo regulado e dirixido á poboación entre os 3 meses e os 3 anos.
Unha desas empresas é Os Pequerrechos, quen nos seus centros tentan facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral, conscientes de que hai pais que aínda que non traballen fora da casa necesitan que atendan aos seus fillos durante unhas horas por diversas razóns.
Os Pequerrechos pretenden cubrir estas necesidades, pero non como un centro onde “coidan” aos nenos/ as durante unhas horas, senón participando na educación dos nenos/as e sendo conscientes de que necesitan relacionarse con nenos/as da súa idade e formar parte da vida cotiá do centro.
Ademais este xoves fixérono dunha forma moi especial; Saíron á Praza do Concello de Carballo desde a súa céntrica base escolar na Rúa do Horreo 11 da localidade. Todos disfrazados e por suposto acompañados dos seus coidadores. Bonita e orixinal forma de comezar o Entroido 2019. Que siga a festa!!!.
