Esta fin de semana o director de cine Manuel Lógar traerá á Costa da Morte a vida e o traballo dos percebeiros de Muxía, a través da película “Entre la ola y la roca”. O venres poderá verse nos cines “A Xunqueira” en Cee, e o sábado na localidade de Corcubión.
A profesión do percebeiro sempre foi temida e amada ó mesmo tempo e neste filme retrátanse ambas partes: o medo e a paixón. Todo isto, unido ó espírito dos propios traballadores, así coma á excepcional fotografía da cinta, fan desta unha obra mestra.
A película xa se estreou en diferentes festivais como o Cineuropa de Santiago, Construir Cine de Bos Aires ou o PerSo Perugia de Italia, e este venres 22 farao en Galicia, en lugares como Ferrol, Coruña ou Viveiro.
