Os perigos de acabar demasiado rápido co confinamento

0 minutes read

A actualidade da Unión Europea estivo unha semana máis vinculada á crise do coronavirus. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, pediu perdón a Italia, en nome de Europa, por non reaccionar a tempo. Nalgúns países empezáronse a suavizar o confinamento, como en Dinamarca, onde os colexios volveron a abrir as súas portas. Pero os expertos advirten sobre os perigo de actuar demasiado rápido. O profesor David Alexander, di mesmo que os períodos de laxitude e peche poderían alternarse ata 2022.