A hostalaría de Vimianzo volve sorprender cunha ruta gastronómica inspirada na historia da vila e na Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Os Pinchos Irmandiños xa se poden degustar nos seguintes establecementos da vila:
Restaurante Montevideo – As Costelas do Rei
Restaurante Vía Rápida – Tarás Bulba
Pan Ignacio – A Xoia do Conde
Café Bar A Rúa – O Último Asedio
Celme Café – Ala-Bin Ala-Ban
06:30 – Mar e Terra
Casa Landeira – Cuxa Nobre
Cafetería A Fonte – A Moura
Tutti Frutti – A Mazá do Pobo
O Agocio – Fabas da Revolta
O Petouco – Lanza Irmandiña
Unha oportunidade perfecta para gozar dos sabores máis creativos e apoiar o comercio e a hostalaría local.
Visita os establecementos participantes, proba estas creacións únicas e vive o ambiente irmandiño tamén a través da gastronomía.