Os pinchos saudables volverán aos bares de Camelle do 19 ao 22 de marzo

2 minutes read

Do 19 ao 22 de marzo celebrarase a segunda edición das Xornadas de Pinchos Saudables de Camelle, un evento organizado polo médico de Camelle, Fernando Cuadrado, xunto á Asociación A Pergoliña e o Concello de Camariñas co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables.  

Tras o éxito do ano pasado, cando se celebrou a primeira edición destas Xornadas de Pinchos Saudables, os veciños e veciñas de Camelle solicitáronlle ao seu doutor que repetise unha iniciativa que xera movemento e visitas á parroquia de Camelle en xeral e á súa hostalaría en particular.  

Este ano participarán catro establecementos: Estanco, Café Bar A Molinera (sábado e domingo), Bar Rotterdam e Café Bar Marítimo. Servirase un pincho diferente por día en cada bar, e todos serán saudables, evitando sempre os fritos e apostando polas verduras, frutas, etc.  

Para todos aqueles que completen os catro bares e entreguen a cartilla debidamente marcada haberá un regalo sorpresa que correrá a cargo do Concello de Camariñas. Ademais, tamén entrarán nun sorteo dun vale de 100 euros.  

Segundo destaca Fernando Cuadrado, o obxectivo desta iniciativa segue a ser o de “promocionar entre a poboación hábitos de vida saudables e demostrar que isto non ten por que estar en disputa coa costume de ir ao bar, xa que é un elemento socializador moi importante”.  

Ademais, tamén explicou que “grazas á colaboración coa farmacia de Camelle, en cada bar poderá atoparse unha guía de consellos para complementar estes hábitos de vida saudables, como pode ser beber auga constamente, camiñar…”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?