A Consellería do Mar modernizará os sistemas de alumeado de 26 portos de titularidade autonómica, entre os que se atopan os de Malpica, Laxe, Fisterra e Cee, será co obxectivo de instalar sistemas de alumeado LED para crear espazos máis eficientes no consumo enerxético e aumentar a súa competitividade. As melloras introducidas permitirán acadar un aforro enerxético de ata o 60%. Esta actuación, que se levará a cabo no período 2022 e 2023, é froito dun convenio de colaboración asinado recentemente entre a Consellería do Mar e Portos de Galicia e que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
O obxectivo principal destes traballos de modernización, cuxa licitación está prevista para este ano, permitirá reducir a contaminación ambiental e luminosa nos espazos portuarios pola utilización dunha mellor tecnoloxía e mellorar a súa xestión a través dun sistema de control remoto das luminarias, proxectores e centros de mando. Así, aportarase maior comodidade visual aos seus traballadores e usuarios ademais de procurar ese aforro enerxético estimado do 60%.