Os presos do procés están a piques de lograr o terceiro grao. As prisións catalás nas que cumpren condena decidiron por unanimidade dar un paso máis na semiliberdade da que gozan os políticos independentistas cataláns, condenados polo Tribunal Supremo español. A decisión final está en mans da Consellería de Xustiza catalá.
O que fose vicepresidente da Generalitat, os exconselleiros, a antiga presidenta do Parlamento catalán e os presidentes de Ómniun e a ANC só terán que ir a prisión a durmir e poderán pasar as fins de semana na súa casa. Tamén poderán acumular días de permiso. Gozan do segundo grao.
Dos doce procesados, nove foron condenados a penas de cárcere que van dos nove aos trece anos, por sedición e malversación. Desde hai uns meses gozan do segundo grao, un réxime de semilibertad que outorga o artigo 100.2 do Regulamento Penal, e que lles permitiu ir traballar. Levan entre dous anos e medio e tres anos entre reixas. Algúns xa cumpriron a cuarta parte da condena, sumando a prisión preventiva e o tempo pasado tras a condena de outubro de 2019.
Foron condenados por organizar o referendo ilegal de independencia o 1-O de 2017 e pola posterior declaración unilateral de independencia de Cataluña, o 27 de outubro.