Os primeiros en vacinarse contra a Covid serán os usuarios e traballadores das residencias


A estratexia de vacinación fronte á covid-19 establece 18 grupos poboacionais aos que se lles irán administrando as doses das vacinas que se vaian autorizando, sendo os prioritarios os residentes e traballadores de centros sanitarios e sociosanitarios, uns 2,5 millóns de persoas. A este grupo seguirano o resto de persoal sanitario e grandes dependentes, segundo anunciou este martes o ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen explicou que os grupos se delimitaron en función de catro niveles de risco: morbilidade grave e mortaldade, grao de exposición á enfermidade, impacto socioeconómico e o ritmo de transmisión.