21
- Esta edición será distribuída nos próximos días.
O BNG larachés publica un novo número do seu boletín ‘A Arnela’, unha edición especial sobre os tres proxectos de parques eólicos que están, ou estiveron recentemente, a exposición pública e outros dous parques que repercuten no resto de parroquias.
Este novo número será distribuído durante os próximos días pola localidade e nel a formación nacionalista expón a súa posición sobre a enerxía eólica que «debe ser un recurso que se utilice dun xeito sustentábel, respectuoso co medio rural e coa xente que vive no rural; un modelo con participación pública, que xere beneficios no noso país».