Os Quinquilláns volven ao Castelo de Vimianzo con dúas funcións

Imagen de archivo de Os Quinquilláns_Ayuntamiento de Vimianzo

  • Os pases realizaranse o día 5 de decembro ás 12:30 e ás 17:00 horas

O Castelo de Vimianzo acollerá o próximo 5 de decembro varias visitas teatralizadas da man de Os Quinquilláns. Haberá dous pases: un ás 12:30 horas e outro ás 17:00 horas. A entrada será de balde ata completar o aforo, dispoñéndose 40 prazas por actuación, e será preciso inscribirse na seguinte ligazón.

O persoal de turismo contactará coas persoas admitidas para confirmar a súa asistencia, mentres que o resto quedará en lista de agarda. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.

Desde o Concello solicitan que os asistentes se presenten trinta minutos antes do inicio da función.