Os Ratiños de Lonxedetodo volven ás bibliotecas municipais de Zas

Despois duns meses de descanso, os Ratiños de Lonxedetodo volven ás bibliotecas municipais de zas cun obxectivo moi claro: contaxiar á rapazada a súa paixón pola lectura. E para iso traeránnos dous espectacúlos cada mes (dende novembro ata maio) que representarán na Axencia de Lectura de Baio (luns) e na Biblioteca Municipal de Zas (martes). Nos dous sitios, o contacontos comeza sempre ás 18:00 horas. 

Este mes, con motivo das obras que se están a realizar no pavillón municipal de Baio e que afectan as súas instalacións (auditorio, ximnasio e pista deportiva) non se realizará a sesión de contacontos na Axencia de Lectura de Baio. Polo que a primeira cita é este martes, 4 de novembro, ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Zas onde os ratiños nos contarán a súa “Viaxe a Sudamérica”. 

Estes son os contacontos e as datas:

  • “Viaxe a Sudamérica”: 4 de novembro (Zas)
  • “O que non sabías do Nadal”: 15 e 16 de decembro (Baio e Zas)
  • “Ímolo pasar de medo!”: 26 e 27 de xaneiro (Baio e Zas)
  • “Un agasallo para Lili”: 23 e 24 de febreiro (Baio e Zas)
  • “As illas do tesouro”: 9 e 10 de marzo (Baio e Zas)
  • “Cores e persoas”: 20 e 21 de abril (Baio e Zas)
  • “Traballiños de verán”: 11 e 12 de maio (Baio e Zas)

Esta é unha actividade gratuíta organizada polo Concello de Zas, en colaboración coa compañía de teatro Trinke Trinke, que o equipo de goberno municipal puxo en marcha hai máis de dez anos como unha iniciativa para promover a lectura entre a crianza e tamén como unha alternativa de ocio para as familias.

Related posts

Medio Rural organiza catro xornadas formativas sobre o cultivo de grelo en Galicia

Falece unha persoa tras rexistrarse un accidente de tráfico en Lugo e outra atropelada en Noia

Vimianzo acollerá parte da programación de Eco de Sol, entre o 7 e o 30 de novembro