Os “ratiños” de Trinke Trinke visitaron a Biblioteca Municipal de Ponteceso

Imagen de archivo de los ratoncitos de Trinke Trinke en Ponteceso

A Biblioteca Municipal de Ponteceso recibiu a visita dos “ratiños”, personaxes simpáticos creados pola compañía Trinke Trinke, para fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos e pequenas do Concello de Ponteceso.  

Ante o público máis esixente, os nenos e nenas, “Os Ratos de Lonxedetodo” foron quen de metelos no peto a través do teatro e dunha chea de contos e historias que encheron de risas e curiosidade a Biblioteca de Ponteceso.

A actividade tivo unha gran acollida por parte dos veciños e veciñas da localidade, na que participaron preto de 40 persoas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha