Os Ratos de Lonxedetodo regresan un ano máis á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo

1 minutes read

O 15 de novembro comezou o seu curso particular na gran escola de lectura que é biblioteca, e despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, este mércores 17 regresan para seguir inculcando os/as máis peques a afección polos libros.

A partir de agora haberá función dobre cada quince días: mércores ás 17.00 e ás 18.30 horas. A entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas. Podedes chamar á biblioteca (981 758 580) desde o mércores anterior a cada función. Estas son as próximas que ten preparadas a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística:

  • 17 de xaneiro: Riciños de ouro e os tres osos
  • 31 de xaneiro: Queremos a paz!
  • 14 de febreiro: O Entroido dos ratos
  • 28 de febreiro: Os xoguetes dos ratos
  • 13 de marzo: O ratiño presumido
  • 27 de marzo: O caracol namorado
  • 17 de abril: Les souris de la boite (en francés)
  • 15 de maio: Fábulas       
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?