Os refuxiados ucraínos xa superan os 5 millóns

O número de refuxiados ucraínos que abandonaron o seu país supera a barreira dos cinco millóns, segundo o último cálculo de ACNUR, a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados. Aos que se suman polo menos outros sete millóns de desprazados nalgún momento dentro de Ucraína, estimados pola Organización Internacional para as Migracións. En total, por tanto, 12 millóns de persoas, máis da cuarta parte da poboación ucraína viuse forzada a deixar os seus fogares pola invasión rusa. Polonia é o país que máis refuxiados recibiu, 2,8 millóns. As mulleres e os nenos representan o 90% deste éxodo. Mentres os combates seguen concentrándose no leste do país, familias do oeste e norte comezan aos poucos a regresar ás súas casas ou o que queda delas. Nos arredores de Kiev a devastación é total.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha