Os Reis de España interésanse pola actividade en Cee na loita contra o coronavirus

Foto.- Cedida.

Os reis contactaron na mañá deste sábado con dous dos centros hospitalarios da comunidade galega: o da Coruña e o Álvaro Cunqueiro de Vigo. Os monarcas, tal e cmomo indican nun tuit mantiveron unha videoconferencia co xerente das áreas sanitarias da Coruña e Cee, Luis Verde Remeseiro, e agradeceron o “esforzo continuado” de todos os profesionais.