Os Reis Magos chegarán a Camariñas por mar

Porto Camariñas

  • Como na cabalgata non se tirarán caramelos, as SS.MM enviarán lambonadas ás casas de todos os nenos do municipio

Os Reis Magos de Oriente entrarán en Galicia por Camariñas, e farano en barco o próximo 5 de xaneiro. A cabalgata, que arrincará ás 11:00 horas coa recepción no porto ás Súas Maxestades, percorrerá todas as parroquias ao longo da xornada.

Debido ás restricións sanitarias, non se farán paradas nin se lanzarán caramelos. Aínda así, os Reis están enviando ás casas de todos os nenos e nenas de Camariñas unha carta e unha bolsa de lambonadas.

Itinerario Cabalgata de Reis en Camariñas_Cedida

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha