Os Reis Magos chegarán a Camariñas por mar

Videoconferencia Reis_Concello de Camariñas

  • A alcaldesa, Sandra Ínsua, mantivo unha videoconferencia cun dos Reis para organizar a cabalgata do 5 de xaneiro

Os Reis Magos de Oriente entrarán en Galicia por Camariñas, e farano en barco. Así llo comunicou o Rei Melchor á alcaldesa do municipio, Sandra Ínsua, a través dunha videoconferencia.

O encontro serviu para organizar a tradicional cabalgata do 5 de xaneiro que este ano, por culpa das restricións sanitarias, non terá paradas pero si que percorrerá as rúas da localidade. O lanzamento de caramelos tampouco terá lugar pero, para solucionar isto, nos próximos días as Súas Maxestades enviarán as casas de todos os nenos e nenas de Camariñas “unha carta e unha bolsa de gominolas”.

Desde o Concello piden ás familias daqueles menores empadroados que non estean escolarizados en Camariñas que comuniquen a súa dirección na Biblioteca Municipal para recibir estes agasallos máxicos.