Os Reis Magos de Cerceda comezarán cedo o seu percorrido

1 minutes read

Os Reis Magos máis madrugadores da comarca comezarán este xoves 5 de xaneiro, o seu percorrido polo municipio de Cerceda. Concretamente, será ás 9:15 horas cando fagan a súa saída desde Gándara.

A recepción real terá lugar a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal, e haberá chocolatada para as persoas asistentes. O percorrido poderase seguir a través da aplicación web TokApp e as redes sociais do Concello de Cerceda.

Desde o Concello lémbranlle á rapazada “que non se olviden das súas cartas” para entregarllas a Melchor, Gaspar e Baltasar, e que todos os seus desexos sexan realidade a partir do día seguinte, “unha das xornadas máis bonitas para as cativas e cativos”, sinalan.

Os reis pasarán polos lugares das parroquias do concello dende as 9:15 ata ás 14.30. As últimas paradas antes da recepción da tarde, serán na Biblioteca Municipal e no Campo da Feira.