Os Reis Magos de Oriente volverán percorrer as trece parroquias da Laracha o 4 e 5 de xaneiro

Cabalgata dos Reis Magos na Praza da Areosa_Arquivo. (Vilaño)_Concello de A Laracha

Melchor, Gaspar e Baltasar volverán percorrer as trece parroquias do municipio da Laracha na tradicional cabalgata que se celebrará o domingo 4 e o luns 5 de xaneiro, levando ilusión e maxia a por todo o concello

Como cada ano, a visita das Súas Maxestades completarase cunha festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís que terá lugar o luns 5 a partir das 17:00 horas, un espazo pensado para que os nenos e nenas poidan agardar polos Reis Magos desfrutando dunha tarde de lecer nun ambiente familiar e festivo.

O percorrido da cabalgata realizarase seguindo o itinerario dos anos anteriores con paradas en puntos representativos de cada parroquia. Os horarios son aproximados e poderán verse lixeiramente alterados en función do desenvolvemento da xornada.

Domingo 4 de xaneiro

MAÑÁ

• 11:00 h: Saída. Paso por Avenida López Astray, Gabenlle, Requesende, A Ferrulleira, Os Muíños de Abaixo, Merelle e O Cruceiro de Coiro.

• 11:30 h: Parada xunto á igrexa de Coiro. Paso por Novás.

• 12:00 h: Parada no Igrexario de Soutullo. Paso por A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras e Golmar do Medio.

• 12:30 h: Parada no Campo de Lamas. Paso polo Igrexario de Golmar, A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé e Propeste.

• 13:30 h: Fin do percorrido en Santa Margarida de Montemaior.

TARDE

• 15:30 h: Saída de Santa Margarida. Paso por As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns e O Raño.

• 16:00 h: Parada no Igrexario de Montemaior. Paso por A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante, A Fraga e Villamir.

• 17:00 h: Parada no mosteiro de Soandres. Paso por Boimir, O Campo Medado, Santa Baia, Vista Alegre, A Millarada, Curros, Condesuso, Vilarmaior e A Fontenla.

• 18:00 h: Parada no Igrexario de Erboedo. Paso por O Toural, Penso, O Rapadoiro, O Loureiro, A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle e As Torres de Cillobre.

• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.

• 19:30 h: Fin do traxecto na Praza Les Sables d’Olonne.

Luns 5 de xaneiro

MAÑÁ

• 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.

• 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.

• 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.

• 14:00 h: Fin do percorrido na Praza da Areosa de Vilaño.

TARDE

• 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.

• 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.

• 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.

• 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.

• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.


• 19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.

Related posts

Continúan as obras de aglomerado en varias parroquias de Carballo

Carballo acollerá do 6 ao 8 de marzo unha nova edición da Feira das Oportunidades

Carballo acolleu a Asemblea Aberta do Ensino Público da Costa da Morte