Os Reis Magos encherán Ponteceso de maxia e ilusión o día 5 de xaneiro


O Concello de Ponteceso xa ten todo preparado o día grande deste Nadal. O 5 de xaneiro ás 18.00 horas partirá  do Parque Empresarial de Tella a cabalgata que percorrerá Ponteceso. Esta fermosa comitiva real finalizará a súa viaxe na Praza do Recheo onde os nenos e nenas poderán entregarlle as súas cartas e contarlle os desexos aos Reis Magos. Dende as 18.30 ata as 21.00 horas, na Praza do Recheo, haberá unha gran festa chea de moita diversión con múltiples actividades coma globoflexia, tatuaxes, música, fotomatón e una gran chocolatada acompañada con deliciosos roscóns de reis. En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas a festa trasladaríase ao pavillón de Ponteceso.