Os Reis Magos envían cartas á rapazada de Ponteceso

Cedida.

En Ponteceso xa comezou a conta atrás con varias iniciativas para dar a benvida as súas Maxestades de Oriente. Por unha parte, a cativada comezou a recibir as cartas dos Reis Magos nos seus buzóns por petición do Concello, que á vez anima ós nenos e ás nenas a compartir cos veciños e veciñas esas caras de felicidade a través dunha foto co escrito, enviándoa por WhatsApp ao teléfono 630 907 124, para posteriormente publicala nas canles oficiais.
Pedir cita
Por outra parte, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a vila o día 5, de 17.00 a 20.00 horas, na biblioteca do centro cultural. Os interesados en asistir deberán pedir cita no teléfono 659 431 242. Ademais, haberá un agasallo para todos os nenos e nenas que asistan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha