Melchor, Gaspar e Baltasar repartirán maxia e ilusión e para iso decidiron percorrer o concello de Zas en dous días. Desta forma terán tempo para visitar todos os núcleos de poboación e ver así o maior número posible de nenos e nenas para entregarlles un pequeno detalliño. Farán o percorrido nuns trens cheos de luces e música e estarán acompañados dun reducido número de paxes
Martes, 4 de xaneiro
A comitiva comezará a súa viaxe polo concello ás 10:00 horas e ao longo da mañá visitarán San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Curráis, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos (campo da Fonte).
Tras un breve descanso ás 15:00 horas continuarán o seu percorrido por Roma, Rus, Meanos, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos e Quintáns.
Mércores, 5 de xaneiro
O mércores, día 5 de xaneiros, os Reis Magos e os seus paxes sairán ás 10:00 horas de Vilar do Mato para dende alí dirixirse a A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramiro, Parga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados e O Pombal.
E pola tarde visitarán os lugares de A Cacharoza, Baio Pequeno, Agreanas, Fornelos, Baio, Lamas, Gomarís, Vilachán, Penedo, Andregalla e Zas.