Os Reis Magos percorrerán Zas os días 4 e 5 de xaneiro

1 minutes read

Como non podía ser doutra forma, as SS.MM. Os Reis Magos confirmaron un ano máis a súa visita a Zas; aínda que debido ao protocolo sanitario marcado pola Covid19 será especial e diferente á dos últimos anos, pero aínda así estará chea de maxia e ilusión. A principal novidade deste ano é que realizarán o percorrido polo concello en dous días, o 4 e o 5 de xaneiro. Desta forma, daralles tempo a visitar todos os núcleos de poboación para intentar ver o maior número posible de nenas e nenos e premiarlle así o seu esforzo durante este ano cun pequeno agasallo que lle entregarán en man.