Os Reis percorreron a pé un treito do Camiño polo monte ata Roncesvalles


Neste acto participaron xunto a Filipe VI, a raíña Dona Leticia, o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e o resto de presidentes e conselleiros das comunidades autónomas por onde pasan os Camiños Francés e do Norte. O mandatario galego aproveitou este encontro para convidar a todos a visitar Galicia neste Ano Santo dobre, nun acto en que se reivindicou a vixencia dos valores dos Camiños de Santiago. Filipe VI dixo que a ruta é un símbolo da necesaria e fructífera colaboración institucional na promoción deste importantísimo ben cultural, natural e espiritual, afirmou que os valores axudarán a superar a crise que deixa a pandemia e comprometeu o seu apoio á difusión dos valores dos Camiños a Santiago.