Os reis presiden a segunda homenaxe de Estado ás vítimas do coronavirus


O rei Felipe VI mostrou todo o seu “sentimento, maior respeto e abrazo máis emocionado” aos familiares das vítimas do coronavirus, en especial ás dos sanitarios falecidos combatendo ao virus e instou á cidadanía a “non esquecer” e a “manter viva a memoria” de todo o ocorrido. Ademais, destacou a “esperanza que representan as vacinas” para o futuro e chamou a ter «conciencia cívica e cidadá» para saír adiante: «Sigamos construíndo en solvencia pero co seu recordo un país mellor para as próximas xeracións».

Felipe VI e a raíña Letizia presidiron a segunda homenaxe de Estado que se fai ás vítimas do coronavirus, na que tomaron a palabra familiares dos sanitarios falecidos e Araceli Hidalgo, a primeira muller vacinada en España. Organizado por Moncloa, o acto gardou moitas similitudes coa homenaxe que tivo lugar o ano pasado, aínda que nesta ocasión rendeuse especial tributo ao máis dun centenar de profesionais sanitarios que faleceron pola pandemia, así como ás persoas maiores, as ‘pioneiras’ da vacinación.