A celebración comezou cos honores aos monarcas e o izado e a homenaxe á bandeira. O Rei pasou revista ás tropas e continuou coa ofrenda aos que deron a vida por España. O desfile iniciouse coa tradicional pasada da patrulla Águia, que deixaba un ronsel coas cores da bandeira e a descarga de fusís.
Comezaba así o desfile aéreo… e terrestre. Nel participaron 49 avións e 36 helicópteros, 177 vehículos e 34 motos. O acto discorreu durante dous quilómetros en paralelo ao río Guadalquivir, polo paseo de Cristóbal Colón e o paseo das Delicias, ata a ponte dos Remedios.
No desfile a pé puidemos ver as unidades dos tres exércitos, tamén a UME, a Lexión coa mascota, nesta ocasión un poni. A Garda Civil e a Garda Real. Nesta ocasión conmemorouse o 30 aniversario da primeira intervención de España en operacións de paz no estranxeiro, que tivo lugar en Angola no ano 1989, baixo a bandeira da ONU.
Este ano invitouse a asistir por primeira vez os familiares dos 186 homes e mulleres que deron a vida nas misións exteriores. Os actos incluíron demostracións operativas no contorno do Guadalquivir.