Os restos atopados en Cerdido son os de Yago de la Puente

A familia de Yago de la Puente confirmou que os restos humanos atopados en Cerdido pertencen a este mozo coruñés, que desaparecera hai pouco máis dun ano cando volvía á casa tras asistir ao Festival Celta de Ortigueira. O ADN aclarou finalmente as dúbidas, o seu pai emitiu un emotivo comunicado no que informaba que os restos atopados pertencen ao seu fillo. O 14 de xullo de 2019 Yago de la Puente decidiu volver á casa sen esperar os amigos cos que estaba en Ortigueira. Colleu o tren ata Cerdido, onde se apeou, alí preguntou como podía chegar ata A Coruña e xa non se soubo nada máis del.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha