Este fin de semana perderon na casa os dous equipos senior. Pero máis aló da derrota destacar as boas sensacións que demostraron no campo e que ilusionan para seguir medrando e conseguir cotas altas esta temporada.
O sabado xogou o equipo masculino que, perdeu en Fontenla por un resultado de 24-31, a favor do Balonmán Sanxenxo. O marcador non reflexa a igualdade que demostraron ambos conxuntos o longo do partido. Decir, que o Balonmán Sanxenxo é un dos favoritos para o ascenso e que tempada pasada quedou na cuarta posición chegando á final de copa. O fin de semana que ven xogan un amistoso contra La Ronda Parrillada Balonmán Arteixo e a seguinte, a segunda xornada de copa contra o Lignun Balonmán Linea 21, un dos favoritos o ascenso, na Coruña.
O equipo feminino, Mantido S. L. Construc. Balonmán Xallas perdeu na casa contra o Calvo Xiria, por un resultado de 23-38. A pesar do abultado do marcador, as xogadoras de Miguel Barbeira demostraron en todo momento que van a estar na parte alta da clasificación. Xogaban contra uns dos favoritos o ascenso e que o ano pasado quedou segundo na Primeira Autonómica Galega. O Xiria é un equipo máis veterano e experimentado e eso foi o que decantou en momentos puntuais o marcador para o equipo carballés.