Os Seráns de Baile regresan este sábado A Laracha

1 minutes read

Será no seu horario habitual, de 18:00 a 21:00 horas, trala pausa do verán. O lugar escollido, o auditorio do centro sociocultural de Paiosaco, é amplo e funcional para albergar actividades deste tipo, ademais de contar no seu exterior cun amplo espazo de aparcamento para maior comodidade das persoas que se achegan en vehículo particular.

O Concello recupera as tradicionais tardes de música e baile ás que están convidadas a asistir dun xeito gratuíto todos os veciños maiores de 55 anos, xubilados e pensionistas. Renóvase, así, o compromiso co colectivo da terceira idade, ofrecéndolles esta alternativa de ocio por medio da que se lles posibilita optimizar o tempo libre e favorecer as relacións sociais entre persoas dese grupo de idade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?