Os servizos de emerxencia excarceran a unha persoa tras colidir tres coches en Arteixo

Unha persoa resultou ferida a pasada noite nunha colisión na que se viron implicados tres turismos en Arteixo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a única persoa ferida no sinistro precisou ser excarcerada polos Bombeiros de Arteixo, ao quedar atrapada nun dos vehículos accidentados. Os feitos sucederon na AC-552, á altura do punto quilométrico 6. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar da colisión e, axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha