Os servizos de emerxencia rescatan a dous sendeiristas en Carnota

1 minutes read

Os dous sendeiristas, do mesmo grupo, foron rescatados na parroquia do Pindo, entre Peñafiel e a Cova da Xoana. Un deles caera e tiña un forte golpe nas costas. O outro camiñante sufrira un golpe de calor. Os efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee percorreron o camiño para dar co grupo de sendeiristas, cuns útiles para efectuar o rescate: un taboleiro, unha padiola e unha mochila con medicinas. Un rescate que durou uns corenta e cinco minutos, ata que os sendeiristas e os servizos de emerxencia chegaban ao lugar onde se atopaba a ambulancia, xa na estrada xeral. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación a través doutro sendeirista. A partir de aí, desde o 112 Galicia deuse conta dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e ao GES de Muros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?