A compra destes equipos permitiu incorporar ao Sergas a técnica da cirurxía robotizada que facilitan a destreza e capacidade cirúrxica laparoscópica redundando en múltiples beneficios para os pacientes e os profesionais dos hospitais. No caso dos pacientes achegan unha maior seguridade e calidade, diminución da morbimortalidade, menor perda sanguínea, incisións máis pequenas, menor dolor postoperatorio, e diminución da estancia media hospitalaria. Para os profesionais implica a diminución da dificultade cirúrxica, maior precisión, posibilidade de acceso a zonas complexas, excelente visualización e maior precisión nos movementos. Nos hospitais está a supoñer un menor número de transfusións, menor tempo operatorio, menor estancia media e menor número de complicacións intraoperatorias. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este mércores que os sete robots cirúrxicos Da Vinci instalados fai un ano no Sergas xa realizaron máis de 1.500 intervencións en cinco especialidades médicas.