Os sindicatos acordan folga de profesorado o 10 e 16 de setembro

Alumno nun colexio_Pixabay

CIG, CCOO, STEG e CSIF anunciárono como parte das mobilizacións que os docentes xa iniciaron no mes de xullo, tras coñecer o protocolo da Xunta para a volta ás aulas, cuxa continuidade se detallará o vindeiro luns día 31. Os sindicatos denuncian «a actitude da Consellaría de Educación, coa imposición unilateral dun protocolo que supón unha irresponsabilidade na xestión dos centros educativos». Profesorado e familias consideran primordial a determinación de ratios de alumnado por aula e a contratación de persoal docente e non docente. Pola súa banda, o sindicato de estudantes tamén mantén a súa convocatoria de folga a nivel estatal para os días 16, 17 e 18 de setembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha