Os sindicatos saíron a rúa en Galicia neste primeiro de maio


Comisións Obreiras e UXT celebraron conxuntamente este primeiro de maio cun acto central na Coruña, onde reclamaron a introdución nos convenios colectivos de cláusulas de revisión salarial para compensar a inflación e evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores. Esixiron tamén a aplicación de medidas de contención dos prezos. Para ambos esta foi unha xornada eminentemente reivindicativa, pero tamén para valorar os logros acadados nos últimos meses, como os acordos sobre o salario mínimo interprofesional, a reforma das pensións ou a lei de teletraballo. Pola súa banda, a manifestación central da CIG celebrouse en Vigo, unha marcha multitudinaria que percorreu as principais rúas da cidade, con lemas como “Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos”.