Os socialistas de Corcubión denuncian un elevado número de duplicidades nos recibos do lixo

O PSdeG ven de denunciar unha duplicidade nos recibos que están a chegar aos fogares de Corcubión pola recollida do lixo e que moitos presentaron recurso ás altas e todavía non recibiron resposta.
«Primeiro contrataron a unha empresa dun membro do BNG local para actualizar a ordenanza e o padrón do lixo, cobrando case 9.000 euros das arcas municipais. Despois dan de alta de oficio un montón de recibos duplicados. O exemplo tipo sería o dunha vivenda propiedade dun matrimonio con dous recibos de lixo, un a nome dun titular e outro do do outro.
Como consecuencia, moitos veciños presentan recursos que non resolveron, e agora chegan os recibos duplicados aos domicilios para pagar», afirman os socialistas.
Na campaña electoral dicían que Corcubión merecía máis. Máis que?… Máis alcaldes socialistas, debía ser, conclúen.

Related posts

Ana Pontón afirmou que ve Carballo «a tope» e cun “impulso renovado”

O PSOE de Coristanco «lamenta e denuncia» que non se lle entregue a documentación relacionada co pozo do CEIP Canosa-Rus

O Pleno da Laracha aproba por unanimidade a proposta do Goberno Local para destinar os fondos do POS+ Adicional