Os socialistas de Malpica presentarán este sábado a súa candidatura para o 28M

1 minutes read

Walter Pardo, quen había sido alcalde ata o pacto entre o Partido Popular de Eduardo Parga e Alfredo Cañizo, opta á reelección “coa mesma ilusión que en 2010 e cun equipo valente, que busca o impulso da veciñanza para reverter a tendencia negativa na que sumiu este goberno interesado o noso pobo”, afirma o candidato polo PSdeG-PSOE de Malpica.

Terá lugar ás 19:00 horas no Centro Cívico de Malpica e convídase á veciñanza a participar no acto. O lema da campaña será “A túa valentía será o noso impulso”, co que se busca apelar á ilusión por un goberno “que xa demostrou que pode facer as cousas doutra maneira e, sobre todo, escoitando ás veciñas e veciños, coidando a economía e demostrando todo o talento que temos como municipio, dentro e fóra das nosas fronteiras”, asume Pardo.

A lista será a seguinte:

  1. Walter Pardo Añón.
  2. José Ángel Garrido Suárez
  3. María Manuela Álvarez Rey
  4. Sergio Manuel García Villar
  5. Belén López Pérez
  6. Manuel Piña Martínez
  7. Adrián Blas Cambón Varela
  8. Adrián Suárez Rojo
  9. María del Carmen Regueira Trigo
  10. Natalia Suárez Garrido
  11. Ana Vanessa Andrés Rodríguez
  12. María Oliva García Varela
  13. Francisco Luis Abella Cruz