Os socialistas de Malpica, apostan pola ampliación do dique de abrigo cunha saída polo peirao sur para impulsar o desenvolvemento económico do municipio.
Trátase dun dos principais puntos dun programa electoral que se centra na potenciación dos ámbitos do benestar, deportivo, social e servizos. Walter Pardo, candidato á alcaldía de Malpica, sinala a necesidade “dunha boa planificación á hora da xestión municipal para sacar ó noso municipio do ostracismo no que está sumido”.
Por iso, a potenciación do Polígono Industrial, o futuro do produto local ou a comunicación continua cos distintos colectivos socioeconómicos do concello serán chave “si a cidadanía de Malpica deposita novamente a confianza en nós”, apunta Pardo.
“Un municipio con fondos limitados non pode estar á vangarda do ‘despilfarro’, como o está a ser ata o de agora”, indica o líder dos socialistas, e insiste “na urxencia de atallar os problemas en materia económica” para emprestar servizos “de calidade para incrementar o benestar da veciñanza”, remata o candidato.