Os socialistas de Muxía definen como ‘caos’ en limpeza e mantemento o que se vive na vila en plena Semana Santa

1 minutes read

“Caos en limpezas e mantemento”. Así é como definen os socialistas locais a situación actual en Muxía. Denuncian que o goberno «non se interesa na limpeza nin no mantemento do municipio en todo o ano dende que entraron a gobernar». Fanse eco públicamente das queixas veciñais que lles trasladan en todo o termo municipal, tanto nas aldeas e núcleos cheos de recursos turísticos, paisaxísticos, patrimoniais e culturais, como no propio núcleo muxián.

«Muxía presenta un estado lamentable de cara ao que se considera a entrada ás épocas estivais que moven miles de euros no municipio», din.

“Con esta forma de actuar, están faltando ao respecto tanto aos propios veciños e veciñas sufridores diarios do abandono das aldeas e do núcleo como da imaxe de Muxía de cara ao turismo. Con este goberno donde son moitos a mandar e poucos a facer, Muxía pasou a estar na cola comarcal en limpeza e mantemento entre outras moitas cousas”, comenta o portavoz do grupo municipal socialista Iago Toba Campaña.