Os usuarios do sistema sanitario de Muxía afirman que se están incrementando os tempos de espera para solicitar unha simple cita de atención primaria con un médico de familia. Así llo trasladaron múltiples veciños aos socialista muxiáns, que denuncian que a situación está sendo preocupante porque o que podería ser unha circunstancia puntual estase a converter na normalidade no centro médico muxián.
«Hai comprobadas esperas de ata 264 horas para conseguir unha cita presencial de atención primaria, tempos que superan con creces as 48 horas que é o tempo recomendado e acordado no marco estratéxico sanitario para conseguir unha cita non urxente na atención primaria en España», afirman desde o PSOE local, quenes ante esta realidade, anuncian o inicio dunha
serie de accións co obxetivo de conseguir por parte da Xunta que se reverta a situación de forma inmediata, así pois o primeiro paso será a realización dunha queixa formal á consellería de sanidade e a atención ao paciente. E tras esas continuaran de forma simultanea outras como o traslado ao parlamento galego dunha reclamación formal coa axuda da deputada Patricia Iglesias, e a nivel municipal a presentación dunha moción plenaria para conseguir o maior apoio na defensa dos dereitos dos veciños e veciñas de Muxía.
“Consideramos esta situación de extrema gravidade, un muxián ou muxiana non pode esperar case duas semanas para atender unha doenza polo simple feito de vivir en Muxía. Os socialistas non vamos permitir que se trate aos nosos veciños como cidadáns de segunda”, explica con indignación o portavoz socialista de Muxía Iago Toba Campaña.
Segundo os socialistas muxiáns “semella que neste concello non existe un goberno que defenda os intereses da veciñanza, está instaurada a lei do pasotismo e do desinterés ante os problemas, pois temos a un alcalde desaparecido, unha tenente alcalde que prefire defender os intereses da Xunta para que non a aparten de candidata do PP e un BNG cego, xordo e mudo dende que a moción de censura prosperou co seu voto”·