Os socialistas de Muxía levan as súas reclamacións ao Parlamento galego

2 minutes read

O alcalde de Muxía, Iago Toba, e os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, desprazáronse este luns ata a sede do Parlamento de Galicia para instar á Xunta a realizar unha serie de actuacións que, segundo afirman, se deberían ter reclamado desde o Partido Popular de Muxía, a través da súa deputada Sandra Vilela, pero que non chegou a interpelar a este órgano.

Desde o PSOE de Muxía lamentan esta situación e solicitan ao Goberno galego que se teñan en conta as súas demandas, incluíndo unha partida nos orzamentos autonómicos, para mellorar as infraestruturas en diferentes localizacións do municipio.

A comitiva, encabezada polo Alcalde, foi recibida polo voceiro na institución, Luis Álvarez, e pola vicevoceira, Begoña Rodríguez, onde reclamaron as necesidades en materia de infraestruturas e económicas de Muxía.

Os socialistas solicítanlle á deputada do Partido Popular de Muxía “que defenda a súa terra, e que xa que o noso equipo de goberno xa lle fixo o traballo previo de presentar as emendas aos orzamentos, polo menos se digne a votar a favor destas peticións no pleno deste martes”.

Toba subliñou que “o único obxectivo que teñen estas propostas é o de defender os intereses de todos os veciños e as veciñas de Muxía, polo que non ven motivo algún para que a deputada da oposición teña que poñer atrancos a esta situación”.
Entre as peticións solicitadas están a da mellora da EDAR de Muxía, ou a construcción dunha nova ifraestrutura; a mellora do firme da estrada de titularidade autonómica AC-440; a renovación das instalacións do centro de ensino dos Muíños e a mellora dos parques infantís dos tres colexios do municipio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?