O PSdeG-PSOE de Vimianzo celebrou esta fin de semana unha asemblea extraordinaria para renovar a executiva local. Este acto serve como «pistoletazo de saída á etapa preelectoral, para a que tan só quedan quince meses», apuntou Paula Mouzo, Secretaria Xeral, que repite no cargo.
«A agrupación socialista ofrece unha imaxe sólida, de fortaleza e de equipo, para afrontar unha nova etapa de cara a uns novos comicios para renovar a confianza que a veciñanza depositou no partido socialista; dende o concello seguimos a traballar para que os veciños e veciñas vexan que esa confianza está ben depositada, seguimos a traballar polo ben da veciñanza das nosas catorce parroquias», apuntou Mónica Rodríguez, alcaldesa e recentemente elixida Vicesecretaria Xeral da Agrupación.
Tamén se sumaron ao proxecto o Tenente de Alcalde, Víctor Muiño, e a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco. Como aposta xuvenil, incorpórase a Politóloga, Sheila Rial, nova integrante da Agrupación, que ocupará a Secretaría de Participación, Mocidade e Comunicación.
A Comisión Executiva Municipal de Vimianzo queda configurada do seguinte xeito:
1._PRESIDENTE: JOSÉ VÁZQUEZ PÉREZ.
2._SECRETARIA XERAL: PAULA MOUZO MACEIRAS.
3._VICESECRETARIA XERAL: MÓNICA RODRÍGUEZ ORDOÑEZ.
4._SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN: JAIME VIDAL VIDAL.
5._SECRETARIO ADXUNTO Á ORGANIZACIÓN: VÍCTOR MANUEL MUIÑO RAMOS.
6._SECRETARIA DE IGUALDADE E MOVILIZACIÓN: MARÍA MAGDALENA RIAL SOUTO.
7._SECRETARIO DE POLÍTICA MUNICIPAL: JOSÉ ANTONIO MIÑONES RIVEIRO.
8._SECRETARIA DE PARTICIPACIÓN, MOCIDADE E COMUNICACIÓN: SHEILA RIAL MATA.
9._SECRETARIO DE EMIGRACIÓN E MEMORIA DEMOCRÁTICA: MANUEL DE LA FUENTE VAZQUEZ.
10._SECRETARIA DE CULTURA, TURISMO E ASOCIACIONISMO: ROSA BLANCO LEMA.