Os socialistas laracheses piden unha recollida de doazóns para os habitantes da illa da Palma

PIXABAY

O grupo municipal socialista da Laracha rexistrou unha proposta para que o Goberno local poña en marcha unha recollida de doazóns destinada aos habitantes da illa da Palma que están sufrindo as consecuencias da erupción do volcán Cumbre Vieja. Con motivo desta iniciativa, desde o PSOE local tamén piden «unha publicidade e comunicación oportunas» para que a veciñanza da Laracha teña coñecemento da mesma.