Lamentan os socialistas que este ano é o primeiro despois de máis de 20 anos de presenza de Muxia en Fitur que o goberno local «non leva unha proposta propia para presentar neste importante evento, como si o fixeron Cee, Dumbria, Fisterra, Vimianzo ou a espectacular campaña de Camariñas. Todos os gobernos de concellos, que tamen pertenecen a organismos como CMAT ou a Asociación de Concellos do Camiño de Santiago a Fisterra Muxía, aprobeitaron a presenza institucional para facer propostas propias que lle deran notoriedade e promoción ao municipio que representan».
“Un municipio que vive nunha porcentaxe alta do turismo, non pode dar esta imaxe pésima e decadente no principal foro turístico do país e internacional pola incapacidade dun goberno desestructurado e en fase de descomposición”, afirma o socialista muxián Iago Toba.
Os socialista afirman que Muxía, era un clásico no stand de Turespaña co goberno de Iago Toba, presentando nos últimos anos propostas que causaron gran repercusión e éxito e incluso mantendo encontros bilaterales cos diferentes ministros de Turismo e secretarios de estado de Turismo como Reyes Maroto ou Jordi Hereu, cos diferentes presidentes de Paradores e con representantes de turoperadores de gran empaque en España. Agora, co goberno da moción de censura, o único que aspira Muxía é a ir na cola de outros municipios que si siguen tendo unha traballada presenza no foro máis importantes de
turismo.
O certo é, prosegue Toba, que o ano pasado, este mesmo goberno xa presentara unha proposta que finalmente resultou ser unha mentira, o “Percibe Muxía”, un evento que anunciaron a bombo e platillo e que nunca se celebrou porque detrás do logo non había absolutamente nada. Pero o de este ano supera a mentira do ano anterior.
Os socialistas muxiáns Invitan ao goberno local a reflexionar nos feitos ocorridos, e darse conta que o seu desinterés está afectando a impoluta imaxe que o municipio tiña, deixando a Muxía nunha posición que non merece este bonito municipio cheo de riquezas arquitectónicas, artísticas, paisaxísticas, históricas, culturais, gastronómicas e sociais, conclúen.