Os socios do Bergantiños poden retirar as entradas para o partido do sábado contra o Deportivo


Ata o venres 2 de outubro, os socios do Bergantiños poderán retirar, en horario de 19.30 a 21 horas, a un prezo de 10 euros, as entradas para o partido amigable que disputarán o sábado 3 nas Eiroas, ás sete da tarde, o equipo carballés e o Deportivo da Coruña. Os abonados deberán retirar a súa localidade na billeteira do Municipal, para o que é obrigatorio presentar o carnet de socio da pasada temporada e o DNI. O aforo estará limitado polos protocolos relacionados coa COVID, pero, no caso de que queden entradas dispoñibles, o sábado tamén se abrirá a billeteira: ás 18 horas, para os socios que non tiveron oportunidade de adquirir a entrada anticipada; e ás 18.30, para todos os afeccionados.