Os talibán dispersan con disparos unha manifestación de mulleres en Cabul

1 minutes read

Con disparos ao aire é como os talibán dispersaron este sábado en Cabul unha inusual protesta de mulleres afgás que esixían os seus dereitos á educación e ao traballo, uns días antes de que se cumpra un ano da chegada dos fundamentalistas ao poder. Unhas 40 mulleres, que cantaban «Pan, traballo e liberdade», manifestáronse fronte ao Ministerio de Educación na capital afgá. Desde que os talibán chegaron ao poder, mulleres afgás saíron ás rúas esporadicamente para protestar contra a prohibición de acceder ao traballo e o peche da educación secundaria feminina. Estas manifestacións non contan coa aprobación dos talibán, que no pasado detiveron e agrediron a manifestantes, así como a xornalistas por cubrilas.