Os talibáns atacan o aeroporto de Kandahar


Os talibáns toman posicións. A pista de aterraxe do aeroporto de Kandahar foi atacada a madrugada deste domingo. Todos os voos cara a, e desde a segunda cidade de Afganistán, foron cancelados.

O aeroporto de Kandahar alberga unha base aérea militar, esencial para abastecer ás forzas afgás que se enfrontan aos talibáns desde hai varias semanas nos mesmos suburbios da cidade, de 650.000 habitantes.

Mentres o exército de Afganistán bombardeou un hospital na cidade Aš kar Gā h no suroeste do país. Denúnciao o director médico do centro sanitario que explicou que a forza aérea afgá bombardeou as instalacións o sábado, matando a unha persoa e ferindo a outras tres. Afirmou que o hospital foi atacado porque os militares creron erroneamente que alí se trataba a combatentes talibáns.