Este sábado os insurxentes tomaron militarmente Sheberghan, capital da provincia noroccidental de Jawzja. É a segunda capital rexional en caer en mans talibáns nas últimas 24 horas, un logro inédito desde o inicio en maio da fase final da retirada das tropas estranxeiras de Afganistán. A cidade de Zaranj, capital da provincia suroccidental de Nimroz foi a primeira capital que cae en mans insurxentes desde o inicio dunha gran ofensiva en maio coincidindo co comezo da retirada das tropas internacionais de Afganistán. Centos de residentes da cidade fuxiron á fronteira con Irán. Os talibáns levan meses avanzando en Afganistán, gañando franxas de terreo mentres as forzas de Estados Unidos e a OTAN completarán a súa retirada definitiva do país a finais de mes.
37